miércoles, 3 de febrero de 2016

Reseña #6 : O corazón de Xúpiter

Esta reseña esta en gallego ya que como buena ciudadana de Galicia debería hacer algo en gallego, ¿no?Vale, quiero avisar antes de todo que mi gallego no es bastante bueno y que me perdoneis si me equivoco. ¡ Gracias !

Título: O Corazón de Xúpiter 
Autora: Ledicia Costasi
Páxinas:  224
Editorial: Fóra de Xogo (Xerais)
ISBN : 9788499144337
Precio : 11, 80 €





Sinopsis: 

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

A Miña Opinión: 

(Pode conter spoiler)

Foi un libro bastante inesperado. Ao comezo parecíame un libro calquera distos de cyberbullying ou algún no que a protagonista estea namorada do planeta Xúpiter (o título), aínda que ao comezo, cando di que vai coñecer a Xúpiter e abrazalo supóñese que é real. 
Sorprendeume o final, sobre todo, xa que eu pensaba que Xúpiter era un adolescente. Pero non. Non. Non.
Entre outras moitas cousas, namoreime de Anxo...pola súa forma de ser e de seguir adiante despois do bico con Isla e que lle dixera que ela estaba namorada doutro. Neste libro falan dun tema bastante actual: O bullying, Carballo acosa a Isla hasta tal punto que chega a grabala mentras os seus colegas quítanlle a roupa. Ao comezo, eu pensaba que Carballo o facía porque lle gustaba Isla pero en realidade era por outra cousa.
Entre outras moitas cousas, o meu segundo personaxe favorito foi Mar.
Mar é unha nena bastante peculiar e de verdade que recórdame a unha amiga miña. En serio, parécense moito! Na forma de falar, na forma de ser...
Polo xeral, é un libro que (máis ou menos) recomendaría, xa que está cheo de sorpresas.
O recomendaría pero non o regalaría como agasallo polos cumpreanos, por que?  Porque é depende de como sexan e que gustos teñan, eu...non me arriesgaría. 
Lees axiña...é bastante curto. 


6/10 

No hay comentarios:

Publicar un comentario